Antilia en concerto ‘Sons no Arco VIII’

antilia-post


O sábado 18 de xullo, Antilia estivo en concerto no ‘Sons no Arco’ na Praza da Leña de Pontevedra. Aquí tes unha descarga gratis do seu primeiro single
‘Se che din’

[sdfile url=”http://antilia.info/wp-content/uploads/2015/07/Antilia-Norte-e-Sur-Se-che-din.mp3″]

Novo disco de ANTILIA ‘Norte e Sur’

admin-ajax

ANTILIA ten o seu primeiro disco: Norte e sur.

Este disco naceu da necesidade de facervos chegar os nosos universos sonoros. Cancións que xermolaron neste inverno e que van florecer nesta primavera.
Nestes tempos complicados precisamos unha vez mais da vosa colaboración para que este disco vexa a luz, e que todas as persoas que nos queren ben e ás que o noso traballo lles resulta interesante,  poñan o seu gran de area e a súa confianza en nós, mercando por adiantado esta nosa criatura.
Norte e sur é un proxecto vivo, ilusionante e temos tanta fe nél que nos atrevemos a pedirvos a vosa participación como mecenas, e tamén a colaborar cos medios que estean ó voso alcance, por exemplo difundindo esta campaña no voso círculo.
Grazas pola vosa inestimable axuda!