O sábado 18 de xullo, Antilia estivo en concerto no ‘Sons no Arco’ na Praza da Leña de Pontevedra. Aquí tes unha descarga gratis do seu primeiro single
‘Se che din’
[sdfile url=»http://antilia.info/wp-content/uploads/2015/07/Antilia-Norte-e-Sur-Se-che-din.mp3″]
Novo disco de ANTILIA ‘Norte e Sur’
ANTILIA ten o seu primeiro disco: Norte e sur.
Este disco naceu da necesidade de facervos chegar os nosos universos sonoros. Cancións que xermolaron neste inverno e que van florecer nesta primavera.
Nestes tempos complicados precisamos unha vez mais da vosa colaboración para que este disco vexa a luz, e que todas as persoas que nos queren ben e ás que o noso traballo lles resulta interesante, poñan o seu gran de area e a súa confianza en nós, mercando por adiantado esta nosa criatura.
Norte e sur é un proxecto vivo, ilusionante e temos tanta fe nél que nos atrevemos a pedirvos a vosa participación como mecenas, e tamén a colaborar cos medios que estean ó voso alcance, por exemplo difundindo esta campaña no voso círculo.
Grazas pola vosa inestimable axuda!
Agradecementos «Norte e Sur»
ANTILIA en directo
Estrearémonos en dous concertos moi especiais. O venres 19 no Xancarajazz (Vigo) e o sábado 20 na Casa das Crechas (Santiago).