Read More News

_MG_0443
_MG_0331
_MG_0318

As composicións de Antilia teñen un sabor atlántico, aberto, nostálxico, pero tamén diáfano e vital. Non deixan a ninguén indiferente; teñen influencias do jazz, blues, rock sinfónico e aportacións do folk, cun toque de sofisticación nos arranxos, fuxindo do obvio, do fácil encasillamento. Uns textos poéticos en galego que conseguen fío directo co público e van mais alá dos lugares comúns.

Influencias que van dende Bob Dylan a Joni Mitchell, pasando por referentes como Billie Holiday, Amalia Rodrigues, Jose Afonso e Caetano Veloso, Antilia naceu escoitando a Madredeus, pero tamén a King Krimson, Led Zeppelin e Mike Oldfield, bebendo de Amancio Prada e Jei Noguerol.

Así definen a ANTILIA  os que escoitaron o grupo:

Jéssica Beiroa, xornalista e profesora de canto e percusión tradicional.
“Os temas do disco de Antilia son persoais. Para todas as persoas. Case diría que son terapéuticos. Pequenas pílulas cargadas de optimismo, de enerxía. Son desas pezas das que botar man cando o puzzle da realidade non cadra e precisas algo máxico para que todo encaixe de novo. Un acerto o proxecto que forman María Costas e Jose Churruca. É a vida, é o amor. E a calidade, sen dúbida.”

María Solar, xornalista da Radio Galega e a Televisión de Galicia.
“Unha voz aferrollada á música. Sentimentos descalzos que pisan paisaxes. Doce e forte. Sutil e esgazada. Un anxo punky. Antilia.” 
Anxos Sumai, escritora.
Ten a música de Antilia un enorme poder de evocación que me leva como unha barca á deriva dunha emoción a outra. Éme tan familiar e tan descoñecida ó mesmo tempo, que me conmove e me pon alerta, atenta a unha nota inesperada, a unha cadencia da voz. Nunca sei onde me van levar porque a viaxe é distinta en cada canción, mesmo cada vez que as escoito pode acontecerme unha emoción inesperada, unha rabuñadura na boca do estómago, unha gran paz ou unhas inesperadas ganas de bailar.”
Gustavo Almeida, cantautor.
“El mundo no está hecho de mitades…las naranjas por la mitad se estropeanen seguida… José Churruca, competente y experimentado guitarrista… Maria Costas, la voz de este dúo Pontevedrés que, en sus comienzos a finales del 2011, se paseaba por versiones de clasicos del Jazz, del Soul, la Bossa o el Blues hasta que, despues de unas cuantas presentaciones, deciden pasear su música por sus propias composiciones. Sus letras falan galego, su música habla la lengua del mundo, de la música bien hecha, con buen gusto y sentimiento. (…) una clara demostración de que Antilia pueden ser más que dos. Una mezcla de precisión, contundencia y sentimiento…este es el directo de Antilia.” 
Ferxo Mourenza. Escritor e musicólogo.
“Na vida, existen e xermolan as contrastes; pero, “contraste”, non implica “oposto”, talvez, “diferente”… As culturas, sempre nos achegan as súas diferenzas e con elas, arriban ao noso peirao as súas cores e os seus arrecendos; pode que ata de paraxes por descobrir, pode que de paisaxes oníricas por explorarmos… Que tal se nos mergullamos nos seus mares collid@s pola man das nosas diferenzas tan igoais e encetamos esta viaxe coa música de Antilia?.” 
María Armesto. Dramaturga, Directora e Profesora de Canto.
“Antilia. Binomio de música viva. Resultado da suma dos acordes elegantes, máxicos e complexos da guitarra de José Churruca coa expresión do canto exquisito, intelixente e sutil de María Costas. Tres palabras que definen o seu fabuloso directo: Swing, Arte e Oficio.” 
Fernando Franco, periodista.
“Mientras escribo estoy oyendo, con emoción, la voz de la viguesa María Costas, ante la guitarra de José Churruca. Lo que oigo son los temas del próximo disco de Antilia, que son los dos, pero en la voz de María siento la cultura superpuesta de muchas voces anteriores que ya le he escuchado antes, la de Edit Piaf, la de Billie Holyday, la de Joni Mitchel, la de Eva Cassidy….. como la conocí haciendo danza clásica con Hannelore Gotschalk, danza moderna con Roberto Daste, teatro con Artello o en Galicia Caníbal… La oí en Club Naval, en la Orquesta da Televisión, en el dúo Bloody Mary con Enma Pino.en el trío Miguel, Bosé & María, y Ahora, en Antilia con Churruca y esa voz que hoy me acaricia con los temas de su próximo disco, Norte e Sur, propios, poéticos, en gallego, salidos de la víscera… Veo el resultado cabal y luminoso de toda esa trayectoria.” 
Isaac Troncoso
“Entre Utte Lemper, Maika Makovski, P.J, Jarvey, Silvia Perez Cruz,….siiiiii, ya sé, odiosas comparaciones. La banda suena compacta y con la garra que María lleva a donde va. Apuntaros al concierto porque no defraudan.”
Dende aquí podes escoitar a nosa música

Algunhas das nosas fotos…

 

Gravación de videoclip

Gravando no estudio

Estes son os videos da promoción do noso disco “Norte e Sur”.

 

Podes poñerte en contacto con nós dende aquí

Nome

Email

Asunto

Mensaxe